Allariz | Despois de dous anos de parón, a programación de Semana Santa ao Vivo volta as rúas de Allariz. Cristina Cid, alcaldesa de Allariz e María López concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo presentaron a programación para a próxima edición.
A música ao vivo terá un protagonismo especial nas rúas da vila alaricana. Do 14 ao 17 de abril, en horario de maña e de tarde, diferentes estilos musicais terán cabida na programación de Semana Santa. Dende o xoves ao domingo tanto o vecindario como visitantes a Allariz poderán gozar destas actuacións de rúa en horario de 12.00 a 14.00 y de 18.00 a 20.00 horas.
Ademais para os máis pequechos e pequechas haberá dous roteiros que descubrirán peculiaridades agochadas de Allariz. Serán o venres 15 e o sábado 16 ás 17:00h. A actividade será de balde e para anotarse haberá que enviar un correo a participa@allariz.gal. A idade para participar será dos 6 ao 12 anos. Prazas limitadas.
Tamén haberá visitas guiadas polo casco histórico de Allariz xoves, venres e sábado. Para anotarse deberase enviar un correo a informacion@allariz.gal ou na Oficina de Información e Turismo de Allariz. O custe destas visitas serán de 5€.
Os museos da Moda e Museo Galego do Xoguete amplían o seu horario para estes días. Estarán abertos a todas aquelas persoas que se acheguen a visitalos o 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de abril de 11:00h ás 14:00h e de 17:00h ás 19:00h. O 11, 12 e o 13 de abril estarán abertos no mesmo horario aínda que soamente de mañá.
Ademais este ano os artesáns locais terán unha mostra do seu traballo exposta na Paneira. O horario de atención ao público será o mesmo que o dos museos e convidan a todo o mundo a que se acheguen a coñecer a calidade das súas creacións.
Así mesmo tamén haberá visitas a Santa Mariña de Augas Santas e Cibda de Armea dende o 10 ao 17 de abril ás 11:00h. O punto de encontro cos interesados e interesadas será o aparcadoiro de Santa Mariña de Augas Santas. Toda a información e reservas en www.celtiatravel.com.
E para que a experiencia sexa completa, tamén poderá visitarse as instalacións de O Rexo en horario de 12:00h ás 14:00h e de 16:30h ás 19:30h sen necesidade de reserva.