Coidados Porta a Porta en Salvaterra

Os días 18, 21 e 22 de novembro

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño informa que os días 18, 21 e 22 de novembro estará no aparcamento de terra, que se encontra detrás do Concello, o autobús de COIDADOS PORTA A PORTA, acercando os Servizos asistencias ás persoas maiores no rural, co fin de prevención da dependencia, prestaránse servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Máis información e cita previa  no 622 748 283 e no 623 546 992 ou a través do correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

Roteiro de Samaín
A noite do 31 de outubro Salvaterra de Miño converterase no foco de atención de máis de 1200 valentes que se animaron a facer o tradicional Roteiro de Samaín.

Este Roteiro no que cada ano asisten cada vez máis participantes, agocha numerosas sorpresas e sustos propios dunha noite na que os “mortos voltan á vida e onde zombis, pantasmas, asasinos sanguinarios e demais monstruos” agardan o paso dos habitantes e visitantes de Salvaterra de Miño para facerlle sentir o Samaín dun xeito moi realista, terrorífico e sobre todo moi divertido.

Ao mesmo tempo, o Roteiro porá fin á aventura no Campo de Fútbol de O Casal, onde agarda para toda/os un chocolate quente a altas horas da madrugada e onde os aventureira/os intercambiarán as impresións do percorrido.