“Coidados Porta a Porta” chega a Arbo

Cunha unidade móbil os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro

Arbo | A unidade móbil de coidados sociosanitarios posta en marcha pola Xunta de Galicia baixo o nome de “Coidados porta a porta” visitará novamente o concello de Arbo, por segunda vez, os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro e estará situado na Rúa Luis Cubelas.

Os servizos, que se prestarán para so maiores de 55, baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:

Servizo de Audioloxía: consistente en revisión e valoración auditiva.

Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)

Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Consistente en: realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Os interesados poderán obter información e solicitar cita previa no telefono 622 748 283 ou no Concello de Arbo.