Charla informativa sobre o cancro no Covelo

O xoves 16 de novembro da man da Asociación Española contra o Cancro

O Covelo | O Concello de Covelo informa que o vindeiro xoves día 16 de novembro terá lugar a charla informativa “Contra o cancro somos só un” organizada en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro.

Será no auditorio municipal ás 17 horas totalmente gratuíta e aberta a toda a cidadanía. Nesta xornada explicaranse os servizos que a Asociación Española contra o Cancro presta ás familias que padecen esta enfermidade.