Cerveira-Tomiño comparten a súa preocupación sobre o impase na candidatura europea “VISIT Río Miño”

No caso de que os gobernos de Portugal e de España non se pronuncien sobre os trámites burocráticos relativos á non admisibilidade da candidatura “VISIT Río Miño”, a CIM Alto Miño e a Deputación de Pontevedra admiten recorrer a Bruxelas

Tomiño/V.N.d.Cerveira |  Alcaldes dos dous lados da fronteira amosaron onte, en unísono, “a enorme insatisfacción” en torno ao tratamento que Lisboa e Madrid están a dar ao territorio transfronteirizo polo río Miño. Encima da mesa está a non admisibilidade da candidatura “VISIT Río Miño” – presentada, en xaneiro de 2016, ao POCTEP – por ser presentada a través do DNI dun técnico autorizado da CIM Alto Miño, e non polo propio presidente da entidade intermunicipal.

 

“Se hai proxecto que alberga a certa essência de cooperación transfronteiriza, é este: un investimento total de 7,5 millóns de euros en prol da preservación e valorização do río Miño transfronteirizo como destino ecoturístico de excelência. O que non entendemos é que cuestións de secretaría poidan decidir a vida das poboacións de fronteira sen calquera recoñecemento do traballo desenvolvido”, afirmou o presidente da CIM Alto Miño.

  “por unha cuestión formal dun DNI, burócratas de Lisboa e Madrid poñen en dúbida o traballo de 10 municipios portugueses, 16 galegos, dunha Comunidade Intermunicipal e dunha Deputación, con participación doutras entidades” José Maria Costa.

Desta forma, a CIM Alto Miño e a Deputación Pontevedra, decidiron solicitar aos Gobernos de Portugal e de España que sexa garantida, coa máxima urxencia, a adecuada e definitiva resolución das cuestións relacionadas coa aprobación da candidatura “VISIT Río Miño”, aínda durante o período normal previsto para a decisión da 1ª fase do POCTEP, ou sexa até 8 de marzo. No caso de que non sexan ouvidos, os alcaldes resérvanse ao dereito a recorrer a outras accións e iniciativas conxuntas para continuar a defender os intereses das poboacións deste territorio transfronteirizo, podendo mesmo levar o asunto para a súa aceptación en Bruxelas.

Composto por catro actividades complementarias, o proxecto “VISIT Río Miño”, pretende alavancar, a partir dunha marca “Río Miño”  forte e competitiva, a creación dunha oferta turística a través de accións conxuntas, que van constituír unha maior valía a nivel da preservación dos seus espazos naturais.

A creación do Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza (Vila Nova de Cerveira-Tomiño) a través da construción dunha ponte peonil  entre as dúas marxes do río Miño, integra esta candidatura, na cal os dous alcaldes, Fernando Nogueira e Sandra Gonzalez, reafirman un gran apoio para a súa aprobación, dada a importancia e o impacto na vida das poboacións e dos turistas.

Outros artigos