Certificado COVID e Chave 365 en Ponteareas

Poden solicitarse no Centro de Servizos Sociais

Ponteareas | Dende esta semana é posible obter o certificado COVID e a Chave 365 no Centro de Servizos Sociais de Ponteareas, no número 10 da rúa Oriente en horario de 08.00 a 14.30 horas.

O Concello cedeu este espazo á xerencia do Sergas da Área Sanitaria de Vigo para poder ofrecer este servizo aos veciños e veciñas da vila e tamén da comarca.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, destaca que este servizo é produto da colaboración entre administracións para ofrecer unha mellor atención á veciñanza. Ao tempo que lembra que o Concello “sempre terá a man tendida para colaborar coa Xunta de Galicia para mellorar calquera situación de interese para a vila”.

No novo espazo habilitado, as persoas que o desexen poden solicitar dar de alta a Chave 365, un sistema que permite o acceso ao certificado COVID, e a aplicación E-Saúde con seguridade. Ademais, alí tamén poderán obter unha copia impresa do certificado para presentar nos lugares no que é preciso.