• Segue conectado
  • |

Ata o día 12 de xuño podes inscribirte no Verán Rural 2019

Ponteareas | A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa de que está aberto o prazo para a solicitude do Verán Rural 2019, unha alternativa de lecer para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos que facilita a conciliación familiar en tempada de verán. A concellería establece varias quendas que rotarán polas parroquias: […]

Anahí Álvarez Guerner, patinadora tomiñesa, participará na categoría “junior” no Campionato de España

Tomiño | Anahí foi seleccionada como promesa na modalidade de patinaxe, no Concello de Vigo, e acadou numerosos títulos provinciais e rexionais nos últimos anos. Dende a Concellería de Deportes, fan chegar a Anahí parabéns polo seu esforzo e dedicación e desexos de moita sorte no campionato.

Aberto o prazo de solicitudes para os Campamentos da Xunta 2019 – Campaña de verán

A Guarda | A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2019, ofértanse 9834 prazas para mozas e mozos de 9 aos 30 anos en campamentos, campos de voluntariado, programas de intercambio con outras comunidades e actividades concertadas. Poderán participar as mozas e mozos a partir dos […]

Tomiño celebrou esta fin de semana a V Gala do Deporte cunha ducia de premios e varias mencións especiais

Tomiño | O Concello de Tomiño celebrou esta fin de semana a 5ª edición da Gala do Deporte; un acto no que se recoñeceu una ano máis, o traballo dos deportistas tomiñeses ao longo do último ano. Roi Rodríguez e Brais Pereira, foron distinguidos, respectivamente, coma 2º e 3º mellores deportistas masculinos, e Elena Cañibano […]

O alumnado de Ponteareas reforestará o monte con 500 árbores

Ponteareas | Con motivo do día da árbore a concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, e a concellería de Medio Ambiente, xestionada polo alcalde Xosé Represas, traballarán con todos os centros educativos de Ponteareas para render homenaxe á natureza e ás nosas árbores autóctonas. Por cuarto ano consecutivo o alumnado ponteareán reforestará os montes […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies