
Ourense | Nas instalacións de Galicia Gourmet da rúa ourensá da Paz, celebrouse unha cata de whisky Bateeiro e Ovalle nas súas tres categorías de afinado, Gold, Rubí e Private, este último unha edición limitada de 350 botellas. Estos whiskys foron premiados recentemente con tres medallas en “International Spirits Challenge 2026” celebrados en Londres. Asistiu á cata Juan Ovalle, xerente e artífice deste proxecto apasioante e o home que acaba de poñer o whisky gallego no mapa mundial.
Por outra banda e no mesmo establecimento también se celebrou unha cata de aceite que durou dúas horas con Firo Vázquez (gatrOleum) como mestre de ceremonias que ofreceu seus coñecementos sobre un produto tan excelente como é o aceite de oliva virxe, base da dieta mediterránea, declarado patrimonio cultural inmaterial da Humanidade por la UNESCO no ano 2010.




