Campaña de FECIMO para a dinamización do Comercio Local do Morrazo

Dende este 18 de febreiro sorteando compras gratis

O Morrazo | Fecimo quere comezar o ano agasallando aos clientes do comercio de proximidade do Morrazo con moitas compras gratis. Deste xeito a FEDERACION DE COMERCIANTES E INDUSTRIAIS pon en marcha dende maña venres 18 de febreiro e ata o 30 de Xuño deste ano unha campaña baixo o nome: “AS TÚAS COMPRAS NO COMERCIO LOCAL GRATIS”.

Esta campaña presenta novidades con respecto a outras organizadas con anterioride pola federación. A primeira é, que esta campaña, terá unha duración moito máis longa do normal e permanecerá activa máis de 4 meses.

Aínda que o sistema de participación será moi similar ao dos últimos anos, onde os clientes farán o rexistro no sistema de participación dixital da páxina web www.comerciodomorrazo.com, a novidade, en este aspecto, é que, NON SERÁN PRECISOS BOLETOS, se non que para participar O CLIENTE DEBERÁ REXISTRAR O SEU TÍCKET DE COMPRA, indicando tamén o IMPORTE e o ESTABLECEMENTO onde fixo a compra.

Con este novo sistema, calquera compra superior a 10 euros, feita nun dos establecementos asociados ao “Comercio do Morrazo” poderá ser unha compra gratuita.

A federación, para garantir un maior número de tíckets premiados, estableceu un límite de bonificación cún máximo de 200 euros, polo que ainda que o valor da compra fose superior, as compras de máis de 200 euros recibirán unha tarxeta regalo con 200 euros. Deste xeito, a Federación, sorteará 1.600 euros cada mes en compras gratis.

Levaranse a cabo sorteos semais entre todas as compras rexistradas correctamente e de onde sairán os/as afortunados/as que logo recollerán unha TARXETA REGALO polo valor da compra rexistrada no tícket da súa compra no establecemento onde tivo lugar a compra.

FECIMO quere lembrar aos clientes que é moi importante gardar os tíckets de compra rexistrados durante uns días xa que será preciso presentalos para validar posteriormente o premio no caso dos/as gañadores/as, tal e como queda recollido nas bases do sorteo.

Con esta campaña a Federación espera repartir máis de 250 compras gratis durante os proximos meses, axudando a dinamización da actividade do noso tecido comercial en Bueu, Cangas e Moaña.