BNG Ourense demanda a inmediata dimisión de Baltar

Así comunicouno Bernardo Varela, voceiro provincial

Ourense | Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG, denuncia unha vez máis a actitude do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. “O 28 de abril en sede plenaria mentíu descaradamente non só os representantes dos grupos da oposición que preguntabamos pola súa situación a respecto das multas pola temeraria condución dun vehículo público, senón que tamén mentiu descaradamente á cidadanía de Ourense”.

Declarou Varela, tras facerse pública outra multa ao presidente provincial á altura de Allariz por circular a 173qm/h, o mesmo día que foi multado por circular as 215qm/h.

Esta é unha situación bochornosa que só se resolve coa dimisión, non hai outra forma de resolvelo, sinalou o voceiro nacionalista, que quere lembrarlle á cidadanía que o 28 de maio pode e debe botar fora a este señor da institución provincial. Non pode ser que diante de todos, á cara, nos dixese que foi un despiste circular a 215 qm/h. O 28 de abril díxonos eso, pero el xa sabía que circulara a 173 qm/h á altura de Allariz ese mesmo día, non conseguimos saber, porque non nos respostan, a cantidade de multas que levamos pagado entre todos por causa do señor Baltar e os seus compinches. Esta é unha máis e agardamos, que entre todas e todos non se volten a producir, e para iso hai que telo claro: “non se poden votar as listas do PP”

“A dimisión é a única solución, os escándalos teñen que rematar”. Esta forma temeraria de conducir un vehículo público é o fiel reflexo da forma temeraria que ten de conducir a Deputación provincial de Ourense, como se fose o seu “cortijo” particular ten que rematar e temos oportunidade o 28 de maio.