BNG Mos organiza charla sobre a violencia de xénero en menores

Este 22 de novembro coa criminóloga Raquel R. Muñiz

Mos/BNG | A criminóloga Raquel R. Muñiz será a encargada de dirixir o coloquio, que terá lugar o próximo luns, 22 de novembro, ás 20:00 horas.

Na semana en que se conmemora o Día Internacional pola Eliminación da Violencia machista, o Centro Sociocultural e Deportivo As Pedriñas, en Tameiga, acollerá unha charlacoloquio a cargo da criminóloga especializada na materia Raquel R. Muñiz.

Na conferencia, organizada polo BNG de Mos e titulada “A violencia de xénero exercida por menores”, abordaranse cuestións relativas ás distintas clases de violencia exercida, aos sinais a observar que se poden dar neste tipo de relacións e a como se debe enfrontar, dende a perspectiva da educación, a problemática da violencia de xénero.

O encontro terá lugar o próximo luns, 22 de novembro, a partir das 20:00 horas. O acceso á sala será totalmente gratuíto e a participación estará aberta, ata completar aforo, a todas as persoas interesadas. Durante toda a charla garantirase o cumprimento dos protocolos sanitarios de prevención da covid-19.