BNG A Guarda reclama reunión urxente para avaliar os danos do temporal

Convoca á xunta de voceiros municipais

A Guarda/BNG | O BNG da Guarda reclama ao Alcalde a convocatoria urxente da Xunta de Portavoces municipais para valorar os danos provocados polo temporal na localidade así como para definir as medidas a tomar para solucionalos no menor tempo posíbel.

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz considera que “as distintas administracións deben implicarse na solución dos danos provocados polo temporal para reparalos na maior brevidade posíbel”. O nacionalista tamén reclama ao Goberno Central e a Xunta de Galiza “ que abran procedementos de urxencia que faciliten todas as tramitacións e axilicen a reparacións dos desperfectos derivados dos asolagamentos”.