• Segue conectado
  • |

«Ataraxia»: Unha mostra sobre as mulleres e a beleza paisaxística na Guarda

A exposición fotográfica, de Marina Alonso San Miguel, permanecerá no Centro Cultural da Guarda ata o 28 de marzo.

A Guarda | O Centro Cultural acollerá exposición fotográfica «Ataraxia», da deseñadora gráfica Marina Alonso San Miguel, do 5 ao 28 de marzo. A mostra componse de 16 fotografías nas que se superpoñen elementos naturais e paisaxísticos con siluetas femininas en tons brancos e negros.

Segundo explica a autora, este traballo nace da súa afección polos viaxes e a fotografía, e componse de imaxes tomadas durante os seus percorridos por distintos lugares do mundo. O seu título, «Ataraxia», fai referencia ao estado anímico carente de temores ou inquedanzas que se pretende transmitir coas obras.

A exposición enmárcase dentro das actividades programadas pola Concellería de Cultura con motivo do Día Internacional das Mulleres, que se conmemora cada 8 de marzo. A mostra poderá visitarse en horario de mañá (de 10 a 13 h) e de tarde (15 a 20 h) de luns a venres, e os sábados en horario de mañá.

Publicado o 6 Mar 2018 en A Guarda, Axenda.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies