“Astillas en la piel” será presentado na Librería Miranda de Bueu

Este mércores 22 no Centro Social do Mar

Bueu | A Librería Miranda empeza as súas presentacións deste verán cun dos mellores escritores de novela negra a nivel estatal. César Pérez Gellida vén por primeira vez a Bueu a presentar o seu libro “Astillas en la piel”.

O acto terá lugar ás 21:00 horas do mércores 22 na Sala multiusos do primeiro piso do Centro Social do Mar de Bueu, grazas á colaboración do Concello de Bueu. “Astillas en la piel” é un absorbente thriller psicolóxico que mostra que hai achas do pasado que convén non extraer nunca. A confirmación de que César Pérez Gellida éo mellor escritor español do xénero.

Dous amigos da nenez cunha débeda pendente. Un forzado reencontro na amurallada localidade valisoletana de Urueña. Álvaro, un exitoso escritor, e Mateo, un crucigramista en números vermellos, acabarán atrapados no caótico trazado medieval da vila e baixo unha impenitente cencellada.

Ámbolos dous serán parte dun macabro xogo no que a sede de vinganza levaraos a tomar decisións que condicionarán as súas vidas no caso no que algún logre superar a xornada.

“Astillas en la piel” é un absorbente thriller psicolóxico no que se confirma que César Pérez Gellida é o auténtico mago do engano das nosas letras. Unha novela cunha trama adictiva e asfixiante ao máis puro estilo cinematográfico e ao servizo da literatura de calidade.

Para máis información:
Fernando Miranda Estévez
LIBRERÍA MIRANDA
667 838 696
libreriamiranda@libreriamiranda.gal