Asociación Internacional para a Cooperación e o Desenvolvemento Turísticos en Ourense

Alejandro Rubín e Ricardo Sosa son responsables da entidade

Ourense | O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello o pre-sidente, Alejandro Rubín, e o vicepresidente, Ricardo Sosa, da Asociación Internacional para a Cooperación e o Desenvolvemento Turísticos (Asicotur). Esta é unha entidade sen ánimo de lucro que ten a súa sede en Ourense, cuxa finalidade principal é fomentar a cooperación ao desenvolvemento e a transferencia de coñecemento entre os distintos destinos turísticos do mundo.

Para logralo, centra a súa actividade en apoiar os gobernos nacionais, rexionais e locais na planificación do sector, consensuar e recomendar directrices globais en materia de sustentabilidade, inclusión e responsabilidade, e suxerir pautas de xestión baseadas en casos de éxito que sirvan de inspiración a outros destinos.

A delegación da entidade estivo formada polo seu presidente, o ourensán Alejandro Rubín, e o vicepresidente executivo, Ricardo Sosa. Sosa exerce actualmente como subsecretario de Coordinación Institucional da provincia de Santiago del Estero (Arxentina) e ocupou con anterioridade o cargo de secretario executivo do Instituto Nacional de Promoción Turística do país americano.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.