Asociación de Alfombristas do Corpus Christi propón a creación da “Beirarrúa aromática”

Para contribuír coa accesibilidade para as persoas con discapacidade visual

Ponteareas | No marco da celebración da Festa do Corpus Christi de Ponteareas (18-19 de xuño), Miguel A. García Correa, presidente da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, informou sobre a presentación do proxecto denominado “Beirarrúa aromática” que implica contribuír a que as contornas, bens e servizos da cidade sexan totalmente accesibles para as persoas con discapacidade visual.

Desde hai algúns anos, a accesibilidade asociábase directamente coa necesidade de eliminar as barreiras físicas, como causantes destes problemas e asi fíxose coa creación da BEIRARRÚA AZUL, onde persoas con mobilidade reducida poden, agora, contemplar todas as alfombras que se realizan o día de Corpus.

Pero este concepto foi evolucionando e, na actualidade, considérase á persoa e á súa contorna como un todo, e asúmese que ademais de intervir sobre ela para que desenvolva estratexias para a súa autonomía, o medio no que se desenvolve debe deseñarse co obxectivo de asegurar a normalización e os seus dereitos como cidadán. Desta forma, a accesibilidade para todo o mundo, converteuse nun dos maiores retos da asociación de Alfombristas.

A visión permite interpretar de forma rápida e global a contorna e grazas a ela desenvólvense condutas motoras que permiten estruturar e controlar o espazo. Algo que resulta fundamental para dirixirse a un lugar concreto, moverse por un edificio e realizar todo tipo de accións, en definitiva, desprazarse e facelo de maneira autónoma. As persoas con discapacidade visual deben substituír ou complementar estas capacidades por habilidades perceptivas específicas que se apoian nun maior uso dos demais sentidos.

Para facilitar o desenvolvimiento autónomo, resulta imprescindible, ademais, que as contornas dispoñan de medidas para:

a) Posibilitar a orientación nos espazos.
b) Facilitar a localización de puntos de interese, obxectos, etc. Para iso a ASOCIACIÓN DE ALFOMBRISTAS DO CORPUS CHRISTI DE PONTEAREAS propón a creación da BEIRARRÚA AROMÁTICA, con ela preténdese que as persoas con discapacidade visual, poidan orientarse e localizar en que punto ou rúa están polas que se confeccionan e pasa a procesión do CORPUS CHRIST, a través do sentido do olfato.

Desde sempre, na Festa do Corpus Christi utilizáronse plantas para aromatizar as rúas polas que pasaba a procesión. Esa fragancia, única, do “Corpus Christi de Ponteareas” foi elixida en 2019 polo Museo dos Aromas de Santa Cruz de la Salceda, de Burgos para formar parte do seu catálogo de aromas., integrando o patrimonio dun museo único, ata o de agora, en España e en Europa. É pois, a través dos distintos aromas, os que nos permitirá identificar cada unha das rúas cun cheiro distinto.

Proxecto
O proxecto consiste en identificar a través o sentido do olfato, por medio de distintos cheiros aromáticos, cada unha das rúas ou prazas por onde circula a xente vendo as alfombras de flores. Estes cheiros aromáticos son conseguidos cos diversos materiais cos que se confeccionan as alfombras de flores.

E tamén estarán identificados con lazos de distintas cores. Nunha desagregación segundo a orde da procesión, proponse identificar:
PRAZA DE BUGALLAL: proponse o identificala con ramos realizados con RAMAS DE PIÑEIRO. Con lazo Verde.
RÚA DE ORIENTE: proponse o identificala con ramos realizados con RAMO DE ROSAS. Con lazo Rosa PRAZA MAIOR: proponse o identificala con ramos realizados con RAMAS DE ARNICA. Con lazo laranxa
RÚA FERREIROS: proponse o identificala con ramos realizados con RAMAS DE FIUNCHO. Con lazo violeta
RÚA FERNANDEZ VEGA: proponse o identificala con ramos realizados con RAMAS DE ROMERO ou JAZMÍN. Con lazo amarelo
RÚA REVERIANO SOUTULLO: proponse o identificala con ramos realizados con RAMAS DE LAVANDA. Con lazo azul AVENIDA CONSTITUCIÓN: proponse o identificala con ramos realizados con RAMAS DE EUCALIPTO. Con lazo branco

A maiores, usuarios da ONCE confeccionasen unha alfombra, cun persoal adaptado na Praza Maior.