Asociación cultural Os Lolailos primeiro premio de Os Maios 2025 en Ourense

A Pulpeira, segundo premio e A Matanza, o terceiro

Ourense | O xurado da Festa do Maios 2025, logo de avaliar os 61 participantes, e escoitar as coplas, acordou conceder os seguintes premios: Maio artístico: Primeiro premio (1.000 €):“Fonte da Praza do Ferro” (Asociación Cultural Os Lolailos). Segundo (800 €): “A Pulpeira” (Oscar López González). Terceiro (600 €): “A Matanza” ( AVV. San Martiño Sobral).

Maio enxebre: Primeiro (700 €): “Andén Primeiro” (Asociación Recreativa e Cultural Andén Primeiro). Segundo (500 €): “Porta da Primavera” (Serman Pedro Fernández). Terceiro (400 €): “Patrimonio de Toén” (Asociación. Amigos Patrimonio de Toén).

Maio infantil: Primeiro (500 €): “AFA Limiar Manuel Sueiro” (AFA Manuel Sueiro). Segundo (300 €): “O Areal ao Natural” (ANPA O Areal). Terceiro (200 €): “Maio Scout” ( Asociación Grupo Scout ILEX 365).

Maio creativo: Premio (500 €): “O Maio Migrante 2025” (Asociación Provivenda).

Coplas de persoas adultas: Primeiro (500 €): Bernardo Xosé Marques Rodríguez. Segundo (300 €): Asociación Provivenda. Terceiro (200 €): Asociación Cultural A Galleira.

Coplas infantís: Primeiro (500 €): Asociación Grupo Scout ILEX 365. Segundo (300 €): Uxía Afonso Crespo. Terceiro (200 €): Ceip Plurilingüe As Mercedes.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.