As viñetas de Castelao serán expostas nos centros escolares de Ponteareas

O Concello organiza este evento co gallo do Ano Castelao

Ponteareas | O Concello de Ponteareas, co gallo do Ano Castelao, programou unha serie de actividades arredor deste persoeiro e, co obxectivo de difundir e pór de relevo a súa figura, está levándolles aos centros de ensino unha exposición de Castelao, consistente en viñetas gráficas, para que o alumnado poida achegarse a unha das facetas dunha das figuras máis importantes da cultura galega do s. XX.

O concelleiro de Ensino e Letras nas Aulas, Ricardo González, quere agradecerlles aos centros a súa colaboración e implicación para difundir unha das figuras máis importantes da cultura e anima a toda a cidadanía a participar nas actividades deseñadas para os máis pequenos/as de promoción da lingua galega no marco do programa Apego.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.