As Neves acomete obras de mantemento nas Escolas unitarias e Colexio de Infantil e Primaria

As obras son nas Escolas de Taboexa, Rubiós e no Colexio das Neves.

As Neves | O Concello das Neves ven de rematar as obras nas escolas unitarias de Rubiós e Taboexa que abordaron diversos conceptos.

En Rubiós procedéuse a pintado e o colocación de cortinas e en Taboexa a pintado, colocación de canalón e reforma do patio entre outros. No Colexio de Infantil e Primaria das Neves durante estas vacacións de entroido levánse a cabo obras para a mellora nos peches das pistas deportivas, reparación de barandas e tamén se correxirán certos problemas de seguridade en taludes próximos a zona de Infantil.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, indica que o goberno municipal continuará coa mellora das infraestructuras educativas e ten previsto investir novamente durante 2018 nas distintas instalacións educativas. Xose Manuel comenta que “aí está o futuro das Neves terémolo
en conta”.