As Concellerías de Medio Ambiente e Cultura recuperan o antigo Camino Real

Os traballos recuperaron o camiño que une o que hoxe é a Avda. Castelao e a Rúa Real.
Ponteareas | A Concellería de Medio Ambiente (Desbroces do rural) dirixida por D. Domingo Freitas coa colaboración da Concellería de Cultura, dirixida por Andrés Sampedro, ven de rematar a recuperación dun tramo do antigo Camiño Real, primeira vía de comunicación na zona do Condado que unía as zonas de Covelo, Mondariz e Ponteareas e que ten relación directa como vía de comunicación coa ponte dos Remedios, ponte de orixe romano reformado no século XIII. Estes camiños e carreteras entroncan historicamente coas calzadas do Imperio Romano, constituíndo a base de moitos dos trazados e eixos de comunicación actuais, e deron lugar na Idade Moderna aos camiños reais. Neste senso, o Camiño Real en España comezou a utilizarse a partires do século XV.
“O vello camiño, que subía dende a Ponte dos Remedios e cruzaba o que hoxe é a Avenida Castelao foi fortemente modificado polo crecemento urbanístico e, hoxe en día, so se pode recuperar o tramo que une a Avenida Castelao – San Roque coa Rúa Real, á altura do Rincón da Praza Vella, e que deixa ao descuberto unha levada de auga, utilizada tradicionalmente para levar auga do río ás hortas e terras de cultivo de regadío”, comenta o alcalde Salvador González.
Os traballos realizados consistiron nun desbroce e limpeza xeral do entorno, mantemento la levada de regadío, o asentamento do terreo e a colocación de muro de contención para salvar a o desnivel. A cuberta é de zahorra prensada. Os traballos rematarán coa limpeza da parcela anexa, de maneira que o entorno poña en valor a importancia que ten para a memoria colectiva dos ponteareáns a recuperación dun dos seus sinais de identidade.
“A recuperación e mantemento do banco e das pedras que formaban parte do camiño Real na súa baixada á Ponte dos Remedios e este traballo de recuperación deste tramo é unha mostra máis dos traballos realizados dende a Concellería de Medio Ambiente para a recuperación e mantemento do patrimonio natural e cultural da vila”, rematou Salvador González.