As axudas ás enerxías renovables.

Por Xosé-Bieito Coello Coello

A case tódalas administracións éncheselle a boca anunciando axudas de todo tipo, outra realidade é cando se van solicitar, pois existen todo tipo de complicacións, fundamentalmente mal asesoramento, -a xente normal non somos todos técnicos especialistas-, e sobre todo, ata que as abonan, cando as conceden, transcorre unha eternidade. Isto fai que moita xente que ten dereito a elas, é lle virían moi ben, non as solicite polas trabas citadas.

“Voume referir a un caso concreto -podería citar outros- : axudas para a colocación de placas fotovoltaicas para autoconsumo”

Voume referir a un caso concreto -podería citar outros- : axudas para a colocación de placas fotovoltaicas para autoconsumo. Neste caso a administración que as concede é o INEGA, organismo dependente da Xunta de Galicia.

As bases saíron no B.O.G. en Outubro do 2021, e presentouse a solicitude con tódolos documentos, o primeiro día que se abría o prazo, o 13 de Decembro de 2021, e dende entón fixéronse as obras, liquidáronse, -esta é outra traba importante, pois o ter que presentar o comprobante de pago antes de saber si se concede a subvención, pode dificultar a rendibilidade da obra, pois sen a axuda, o mellor a inversión non se sostén-, e transcorrido máis dun ano, segue sen saberse si conceden a axuda e cando a abonan.

E fácil dicirlle a xente que é importante utilizar enerxías alternativas máis ecolóxicas e que se dan moitas axudas para ese fin, despois a hora da verdade, por culpa da propia administración, conseguilas é moi difícil.