As Alfombras Florais voltaron a encher de cor as rúas guardesas

Coa festividade do Corpus

A Guarda | Esta fin de semana celebrouse a festividade do Corpus na vila da Guarda, unha festividade que se retoma despois da parada por mor da pandemia da COVId-19.

Dende fai semanas moitas persoas traballaron con moito esforzo e dedicación na preparación dos diferentes materiais que se empregaron dende a tardiña do pasado sábado para a confección das Alfombras Florais.

A choiva fixo acto de presencia na tarde do sábado, polo que se optou por retrasar a procesión para as 19:00h, algo que axudou á confección das diferentes alfombras e motivou unha ampla e numerosa participación de veciños e visitantes que ateigaron as rúas da guarda para presenciar os tapetes florais.

En total realizáronse uns 2300 metros cadrados de superficie en tapices florais que luciron, no seu máximo esplendor, na tarde do domingo cando remataron os traballos dos centos de alfombristas das 10 rúas que se engalanaron para esta ocasión.

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII, sendo a celebración do Corpus Christi e do Santísimo Sacramento as principais festas cívico-relixiosas do pobo da Guarda.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus na Guarda.

Así como dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral.

Dende o Concello da Guarda se quere agradecer o labor de todas as persoas que traballaron para que esta celebración continúe e para que visitantes e locais gocer das mesmas, un enorme esforzo que se ve recompensado polos espectaculares resultados, sendo auténticas obras de arte en flor.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos