Arbo presentou en Xantar a Festa da Lamprea de abril 2023

O acto foi presidido polo alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil

Ourense | O Concello de Arbo desprazouse a Ourense, para a presentación da Festa da Lamprea, no espazo adicado as Festas Gastronómicas en Xantar. A festa gastronómica máis antiga de Galicia, que se celebra cada abril dende hai 62 anos no Concello de Arbo (Pontevedra) este ano escolleu Xantar para comezar a súa promoción da que é a Festa gastronómica por excelencia e que recoñece a Arbo, como Capital Mundial da Lamprea, que no ano 2023 cumprira ós seus 63 anos e esta prevista para ós días 28, 29 e 30 de abril.

O acto estivo presidido polo alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, acompañado, polo director de Xantar- Expourense, o director xeral de Pesca da Xunta de Galicia, o vicepresidente da Deputación de Ourense, o secretario da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados (ANFACO), o presidente da Asociación de empresario de Colombia, a presidenta da Fundación EFA A Cancela, a alcaldesa de Viveiro, alcade de Arnoia, alcaldes de Ciudad Real e representantes do GDR Condado Paradanta.

Ás 13:45 horas Horacio Gil, daba a benvida aos asistentes que poideron degustar Lamprea rechea acompañada dos viños das adegas de Arbo. O rexidor manifestou durante o acto que “a lamprea é a nosa ensina de identidade máis querida e por esta razón adicámoslle todos os nosos esforzos para consolidar a Festa da Lamprea como a primeira festa gastronómica de Galicia, a única do mundo na que se pode degustar este manxar posto en valor polas sabias mans dos cociñeiros e cociñeiras de Arbo que con tanta maestría interpretan nas súas diferentes variedades, rechea, seca, afumada, rebozada, asada, guisada con fideos e tirabeques, en empanada… e ata dun xeito propio, a raíña dos nosos fogóns, a recoñecida lamprea ‘á arbense’.” Unha proba do carácter único da Festa da Lamprea, témola nos miles de persoas que cada ano abarrotan Arbo nestas datas. Xente que vén de toda Galicia, España e Portugal, case diríamos que de peregrinación gastronómica cara Arbo, unha peregrinación do bo xantar para honrar a excelencia culinaria da lamprea e os viños de Arbo.

En Arbo podemos estar orgullosos do entorno no que temos a sorte de vivir. Non só pola innegable beleza dos nosos ríos e montes, as nosas praias fluviales e augas medicinais, senón tamén polas fermosas formas en que o aproveitamos. Temos preciosas rutas para os amantes do senderismo, actividades como rafting, canoa ou hidrospeed para os máis aventureros; unha gran vida cultural. Arbo é terra de artistas inspirados polo bo xantar e o descorrer calmo do tempo xunto a unha copa de bo viño- remataba o alcalde o acto.