Arbo organiza entroido virtual para dinamizar a economía local

Con premios de vales de compra para gastar no comercio e hostalería de Arbo

Arbo | O Concello de Arbo, no seu interese por promocionar a gastronomía, a hostalaría, os deportes de aventura, as adegas e o comercio local e para poder contribuir a reactivación dun sector tan importante para o noso Concello e tendo en conta as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 acorda a realización do entroido virtual en Arbo no ano 2021

Dende o día 5 de febreiro ata o día 12 de febreiro ás 15.00h os interesados poderán enviar as fotografías ou vídeos ao correo habilitado ao efecto.O día 13 de febreiro subiranse as fotografías e os vídeos de todos os participantes ao facebook do Concello de Arbo. Dende o día 13 de febreiro ás 15.00h ata o 15 de febreiro ás 15.00h abrirase o proceso de votacións aberta a todos os visitantes da páxina de facebook do Concello de Arbo nunha entrada creada para cada categoría na poderán dar o seu apoio á fotografía ou vídeo que máis lles guste a través da pestana “me gusta” da propia aplicación.

O día 17 de febreiro comunicaranse os gañadores do concurso de disfraces do carnaval 2021 na paxina web do Concello de Arbo e nas redes sociais oficiais.

O comercio local, o sector turístico, hostalaria, empresas…. de Arbo, clave na economía local, foi un dos máis prexudicados pola crise, con todos os seus establecementos pechados. Co agravante de que a pandemia chegou cando arrancaba a tempada da Lamprea, un período fundamental para a rendibilidade cafeterías, bares, restaurantes, casas de turismo rural….

Ademais, afectou n o ano 2020 de cheo o mes de abril, donde ademais de conincidir a semana santa, se celebra tamén a festa da Lamprea e no ano 2021 volve a xurdir a crise cos establecementos de hostalaría pechado e peche perimetral no Concello polo que os premios enmárcanse dentro da actividade de fomento da Administración e preténdese estimular aos particulares para desenvolver actividades que se estiman de utilidade público, distinguindo aqueles que máis ou mellor se teñan empeñado nesas actividades.

Neste caso en concreto o Concello de Arbo pretende apoiar e estimular o Entroido como manifestación da cultura tradicional galega, asi como ao comercio, autónomos e empresas locais.

a. Mascarita individual (máis de 12 anos)

  • Primeiro premio: un vale de 75 euros a gastar nos comercios de Arbo
  • Segundo premio: un vale de 50 euros a gastar nos comercios de Arbo
  • Terceiro premio: un vale de 30 euros a gastar nos comercios de Arbo

b. Mascarita individual ( menos de 12 anos)

  • Primeiro premio: un vale de 75 euros a gastar nos comercios de papelería do Concello de Arbo
  • Segundo premio: un vale de 50 euros a gastar nos comercios de papelería do Concello de Arbo
  • Terceiro premio: un vale de 30 euros a gastar nos comercios de papelería do Concello de Arbo

c. Grupos conviventes

  • Primeiro premio: un vale de 200 euros a gastar nos comercios locais, hostalaría, adegas, empresas …. do concello de Arbo
  • Segundo premio: un vale de 150 euros a gastar nos comercios locais, hostalaría, adegas, empresas …. do concello de Arbo
  • Terceiro premio: un vale de 75 euros a gastar comercios locais, hostalaría, adegas, empresas …. do concello de Arbo