• Segue conectado
  • |

Andaina pola Ruta Máxica de Oia organizada polo concello da Guarda

A Guarda | A andaina Ruta Máxica de Oia foi programada para dar comezo as Andainas organizadas polo Concello da Guarda e Caminha pero debido ás malas previsións meteorolóxicas do mes de marzo foi aprazada.

Finalmente esta andaina terá lugar o próximo sábado 26 de maio polo que os interesados deben confirmar a súa asistencia na Oficina de Turismo do Concello da Guarda ou no tel. 986614546 ou no mail turismo@aguarda.es

Esta ruta estará guiada pola Asociación Costa de Castros. A Ruta Máxica de Oia percorre uns 18km da Serra da Groba pasando polas parroquias costeiras deste concello.

A ruta sinalizada comezará no miradoiro da Pedreira onde se atopan petróglifos e continuará coñecendo outros gravados rupestres ata chegar ao río Broi e ao espazo natural das Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental. Despois ascenderase ata o Castro do Cano do Mouros e as Pozas de Mougas onde se realizará o xantar. Nesta última parte do percorrido descenderase ata o Castro de Cabeziña. A ruta rematará na estrada PO552 onde se atopa o Camping O Muíño.

Publicado o 19 Mai 2018 en A Guarda, Axenda, Turismo.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies