Amigos da Cociña Galega presentarase en Xapón

A Deputación de Ourense colaborará co colectivo de profesionais

Ourense | Luís Menor Pérez, presidente da Deputación de Ourense, mantivo unha reunión de traballo coa directiva da Asociación Amigos da Cociña Galega para afondar nesa colaboración que existe entre ambas entidades desde hai anos e que permite desenvolver proxectos que supoñen un “importante retorno económico e promocional e, especialmente para Ourense, onde residen a maioría dos asociados”, dixo Menor.

Durante o encontro, o presidente provincial felicitou a esta entidade por preservar “os valores da cociña galega” e ser capaces de “espallalos por todo o mundo” a través de viaxes internacionais que están a permitir amosa a calidade agroalimentaria da nosa Comunidade.

Neste sentido, a Asociación Amigos da Cociña de Galega trasladoulle ao presidente provincial a súa intención de levar a cabo un gran evento para potenciar a presenza da nosa cociña en Xapón, onde están a atopar un importante retorno, co obxectivo de promocionarse neste mercado asiático.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.