Alfombra de Ponteareas representa a España no VII Encontro Internacional en Uriangato (México)

Coa participación da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas

Ponteareas | A Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi de Ponteareas foi convidada a participar no 7 º ENCONTRO INTERNACIONAL DE ALFOMBRISTAS DE URIANGATO 2022 que se celebrou o 6 de Outubro con motivo das Festas de San Miguel Arcángel.

É o maior evento de arte efémera que se realiza en México, e no participasen, ademais de alfombristas de México, delegacións de  Arxentina, Italia, India, Polonia, Colombia, Guatemala, Nicaragua, O Salvador, Brasil, Panamá e España.

A alfombra realizada polos membros da “Asociación de Alfombristas Do Corpus Christi” desprazados a URIANGATO recolle o logo da nosa asociación co acrónimo JHS e esta realizada só en catro colorees, que como símbolo de amistas e irmandamento recollen as bandeiras de México e España.

Os alfombristas desprazados a URIANGATO, Andrea Fernández Estévez e Cesar Álvarez García xunto co resto das delegacións internacionais convidadas a este encontro compartiron, nunha rolda de prensa, a súa historia, traballo e visión da FESTA DO CORPUS CHRISTI DE PONTEAREAS.