Alcalde do Porriño solidarízase cos traballadores da empresa Faurecia

Ante o concurso de acreedores que deixará sen traballo a máis dun centenar de persoas

O Porriño | O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, trasladou hoxe ao Comité de empresa de Madera Fiber Technologies (antiga Faurecia Interior Systems) o respaldo da corporación local do Porriño ás súas reivindicacións ante o desmantelamento que está a sufrir a empresa.

A multinacional atravesa unha situación crítica e vén de presentar un concurso de acreedores que vai deixar a máis de 100 familias sen sustento.

O rexedor ofeceulles tamén o apoio xurídico que precisen, o Concello do Porriño o poñerá á súa disposición, e ofreceuse a xestionar as xuntanzas precisas coas distintas administracións que poidan mediar neste conflicto.

“Falamos de máis dun cento de persoas que vén perigar o seu medio de vida e o das súas familias, traballadores cunha media de idade de 50 anos que de pronto se ven na rúa. Deben tomarse medidas para garantizar a viabilidade da empresa e destes postos de emprego”, concluíu Lorenzo.