ACiP presentará moción sobre a factura eléctrica

Para que o Concello de Ponteareas asesore á veciñanza sobre a suba do seu prezo

Ponteareas/ACiP | Atopámonos nunha escalada de prezos sen igual na factura da electricidade de moitos fogares, pola cal moitos dos nosos veciños se ven damnificados por esta suba. Nalgúns casos atopamos que as facturas escalan duns 60 € de media a chegar a cifras superiores os 350/400 € nos últimos meses, xa antes de que os prezos se elevasen por mor da actual situación de guerra en Ucraína.

Un gran número de cidadáns ante esta sangría das súas facturas, non saben que pasos deben seguir e como actuar. Por este motivo, dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas, pensamos que o Concello de Ponteareas, dende a Oficina Municipal de Información o Consumo (OMIC), debe ofrecer un asesoramento concreto e rápido a estas persoas, que están sufrindo este abuso por parte das eléctricas.

Neste intre a OMIC conta cunha profesional que esta realizando unha labor fundamental, pero sería convinte reforzala para facer fronte a avalancha de damnificados.

Para Juan Carlos González Carrera, líder de ACiP, “o Concello debería xogar un papel importante neste tema, xa que é a institución máis próximo o cidadán. Os entes municipais deben liderar unha fronte común ante o abuso que esta facéndonos sufrir o oligopolio eléctrico”.

Aproveitaremos esta moción para solicitarlle o Goberno da nación que se apresure a tomar medidas urxentes para tratar de reverter a actual situación, que co paso dos meses volvese cada vez máis insostíbel. Con isto instaremos a que se realicen axustes como por exemplo, a rebaixa do IVA, cuestión que permite a lexislación do mercado eléctrico europeo.

Debemos ter en conta que esta suba eléctrica afecta a toda a cidadanía sen distinción, dificultando moito cadrar as contas mensuais dos fogares. Inclusive os preceptores do Bono Social Eléctrico ven como as súas cotas reducidas non reteñen a sangría e reciben facturas desorbitadas, as cales teñen grandes dificultades para facer fronte o seu pago. Non podemos permitir que os nosos veciños, por este incremento brutal dos prezos, poidan sufrir cortes por impagos.