ACiP: “Ministerio de Facenda obrigará ao Concello de Ponteareas a facer recortes orzamentarios”

Advirte dun Plan de Axuste ante a elevada débeda municipal

Ponteareas/ACiP | No día de hoxe a prensa faise eco da imposición de recortes, por parte do Ministerio de Facenda, a 140 concellos galegos, entre os que se encontra o Concello de Ponteareas.

Para facer fronte a este Plan de Axuste, o ente municipal estará obrigado a realizar recortes ao demostrar o goberno unha incapacidade total de asumir o pago en data os provedores. Esta autorecoñecemento como “pufero” será obrigatorio e terá que ser aprobado polo Pleno Municipal antes do 22 de marzo do presente ano.

A pesar de presumir de ser os xestores que viñan a acabar ca débeda do Concello, esta restrición prodúcese por non ser capaces de executar o pago a provedores nos prazos legalmente establecidos. O Goberno local, formado por BNG e PSdG, a pesar destas cifras continuaron co despilfarro sen control do diñeiro público.

Como declara o líder de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, “vimos vivindo un auténtico descontrol dentro do Goberno local, onde as rivalidades internas provoca que a comunicación non sexa fluída e que se dispare este dispendio por concellerías, sen que a Alcaldesa sexa consciente da metade”.

En outubro de 2021, dende a nosa formación realizamos unha nota de prensa denunciando a desorbítante débeda que alcanzaba o Concello de Ponteareas, superando os 15 millóns de euros cando esta era de 0 € cando asumiron o poder. Resumindo, dende que o bipartito asumiu o poder:

  1. No primeiro ano xeraron un monto de 5 millóns de euros.
  2. A construción da depuradora, na que a pésima negociación por parte do goberno, comprometeu 6 millóns de euros máis as arcas de Ponteareas.
  3. No 2020, xa solicitaron unha póliza de crédito de 1 900 000 € por falta de liquidez, que aínda non foron quen de devolver.
  4. A finais de 2021, realizan unha nova solicitude de 2 360 000 €

Este feito ben a confirmar o exposto por ACiP, que sinalou que a carencia de realizar un novo presuposto prodúcese pola incapacidade que teñen dende o actual goberno de cifrar a débeda actual, imposibilitando que os números encaixen.

O Concello de Ponteareas convertese desgraciadamente nunha entidade “pufera”, deixando a empresas e autónomos en vilo de cobro nun momento económico moi delícado.