ACiP informa da instalación das ITV agrícolas

Nas inmediación de Pardellas este 1º de abril

Ponteareas | Unha vez máis, temos que lamentar que os cidadáns do rural de Ponteareas sexan tratados como veciños de segunda, xa que o Concello decidiu non informalos da instalación da ITV para vehículos agrícolas, aínda tendo coñecemento do mesmo dende hai semanas.

Dende Alternativa Ciudadana de Ponteareas remitimos esta información os medios ante a falta de anuncios por parte das canles oficiais. Esta instalación estará situada na explanada do Campo de Fútbol Municipal de Pardellas dende o martes 29 de marzo ata o venres 1 de abril, podendo conseguir cita chamando o 981 90 30 00.

Creemos de vital importancia a difusión desta convocatoria por dúas cuestións clave:
Este servizo facilita un aforro económico os veciños, que de non poder realizalo nestas instalacións, debería desembolsar uns 150€ para alugar unha plataforma para desprazarse a unha ITV fixa, como a de Porriño, xa que estes vehículos non poden trasladarse circulando ata alí.

Dado o custe que supón este desprazamento, moita xente decide non pasarlle a revisión, pondo en risco a súa integridade física.

Por este motivo, ante a facilidade que ofrece a instalación deste servizo en Ponteareas creemos que é necesario informar os ponteareáns, para que poidan ter a revisión en vigor e evitar experiencias fatídicas.

En palabras do portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera: “A este Goberno local parece que lle interesa máis que os veciños non pasen a revisión dos tractores, para así despois poder sancionalos e aumentar a recaudación, a única política de seguridade vial que coñecen”. Lamentamos que o Concello non lle de importancia a este tipo de información, pero para nós é vital, xa que contamos con 24 parroquias nas que as labores do campo son moi importantes na vida diaria destes veciños.