ACiP denuncia que o Concello de Ponteareas incumpre sentenzas xudiciais

Trátase dunha sentenza do pasado 23 de outubro sobre ocultamento de documentación

Ponteareas/ACiP | Alternativa Cidadá de Ponteareas (ACiP) vese obrigado novamente a acudir o xulgado para que faga cumprir a sentenza do pasado 23 de Outubro de 2020, onde foi condenado o Concello gobernado por BNG-PSOE por ocultar documentación ao grupo Municipal ACiP, e impedir acceso á mesma vulnerando un dereito fundamental do artigo 23.1 Constitución Española.

Desde a sentenza xa pasaron máis de 2 meses, onde se condena ao Concello á entrega inmediata de copia da documentación solicitada dos partes da policía en quenda de noite dos meses de xullo e agosto, que o propio xuíz na súa sentenza di claramente que o goberno municipal tenta ocultar dita documentación, e que a mesma non se tarda nin dez minutos en realizar a copia.

Desde o 23 de outubro ata o día de hoxe o goberno municipal incumpre taxativamente a sentenza, producíndose un desacatamiento a un mandato xudicial, o cal podería finalizar con graves consecuencias para o goberno municipal.

O Portavoz Municipal de ACiP ata en tres ocasións presentouse nas dependencias Municipal solicitando dita documentación, recibindo como resposta desculpas que só veñen demostrar o incumprimento da sentenza.

Esta é unha práctica habitual do goberno municipal de impedir e ocultar acceso a documentación, que como cidadáns ou representantes políticos temos dereito aos mesmos, facendo do Concello un acubillo para esconder e ocultar documentos públicos, faltando á trasparencia e demostrado que todo o que denunciaban cando estaban na oposición agora fano eles converténdose nun goberno oscurantista.

Desde ACiP alertamos desta situación aos cidadáns e animamos a defender os nosos dereitos ante as barreiras que poñen o goberno BNG-PSOE, que distan moito do funcionamento normal e lembran a tempos pasados. Animamos así a que se vulneran dereitos fundamentais acudan aos tribunais, que son os únicos que poden defender os nosos dereitos recolleitos na constitución e que terminen así con este tipo de condutas impropias.

Continuaremos en defensa duns dereitos que nos pertencen, aínda que defender os nosos dereitos cústenos diñeiro, saíndo dos petos dos Concelleiros, non como o goberno, que sentencia tras sentenza pagan miles de euros con diñeiro público, é dicir, pagado co noso impostos. Non pararemos ata que este Concello cumpra coa legalidade.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!