Ponteareas/ACiP | Tras recibir diferentes queixas de veciños que solicitaron o servizo, en base aofuncionamento por parte da empresa adxudicataria, demandamos ao goberno local estude as queixas e tome as medidas necesarias para esixir o cumprimento do contrato de adxudicación do servizo.
Nos pasados días unha familia solicitou o baleirado da súa fosa séptica, e tras pagar a taxa de 45,72€ ao Concello, atópase coa sorpresa que cando a empresa realízalle o traballo, non lle baleira a totalidade de fosa séptica alegando que só tiña que retirar 5.000 litros, deixándolla pola metade.
“Nos pasados días unha familia solicitou o baleirado da súa fosa séptica, e tras pagar a taxa de 45,72€ ao Concello, atópase coa sorpresa que cando a empresa realízalle o traballo, non lle baleira a totalidade de fosa séptica”
Revisados os pregos de adxudicación por parte do noso grupo Municipal, en ningún lugar reflicte a cantidade máxima, co cal está a incumprir o contrato de adxudicación, e cobra aos veciños do Concello por un servizo que non realiza correctamente, e o máis grave, paga a unha empresa por un servizo que non realiza na súa totalidade.
Este tipo de actuacións e outras, son un cúmulo de incumprimentos reiterados mentres o goberno mira para outro lado.
Para a vice portavoz de ACiP Raquel Bautista Alfaya, adxudícanse servizos á baixa como foi neste caso, e despois o resultado é o que nos teñen xa afeitos, non cumpren cos termos do contrato.
Unha mostra máis do descontrol existente neste servizo
Un caso máis onde unha veciña solicitou o servizo de baleirado no ano 2020, máis exactamente o 28 de febreiro de 2020, e a data de hoxe non lle realizaron o baleirado da súa fosa séptica.
Un caso máis de agravio e discriminación que crea o goberno local BNG-PSOE, é a prohibición a empresas locais e autónomos que contan coas autorización que se lles esixiron no seu momento para realizar estes servizos, que son “autorización por parte da Xunta de Galicia para tratamentos deste tipo de residuos”, e prohíbeselles o baleirado na Depuradora Municipal, provocándolles un grave dano económico mentres o Concello dá cobertura en exclusividade a unha empresa, que aínda por encima non é de Ponteareas, que neste caso é da Coruña.
Demandamos solucións e terminen este tipo de actitudes que son un exemplo de xestión nefasta, que a pesar de privatizar constantemente servizos cando se acordourealizalo con persoal municipal, non se negue o baleirado das empresas locais, cunha negativa da que dubidamos a legalidade de dicha medida.