ACiP demanda o remate da obra de saneamento no barrio de Picón en Ponteareas

Denuncia o silencio do Concello ante as demandas dos veciños

Ponteareas/ACiP | O abandono da obra provoca un grave perigo para o paso de peóns e vehículos debido ás fochas existentes.

A situación que están a vivir os veciños de Picón roza o surrealista. Obras que comezan no Concello e que nunca terminan, unha obra que comezou en xaneiro cun prazo de execución de tres semanas e un orzamento de 50.315,38€, son a suma da falta de control do goberno local, e que provocou caída de peóns debido ás fochas, agravado en sentido ascendente cunha importante subida, sumado aos restos de terra e cascotes que encima do vello asfalto son un verdadeiro perigo tamén para os propios vehículos.

Con zonas sen ningún tipo de sinalización e pésimo estado, os veciños están fartos de solicitar ao Concello o remate da obra e reciben a calada por resposta.

“Con zonas sen ningún tipo de sinalización e pésimo estado, os veciños están fartos de solicitar ao Concello o remate da obra e reciben a calada por resposta”

Para o Portavoz Municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera, entendemos que as obras provocan situacións de molestias que os propios veciños entenden, pero é inconcibible que unha obra de previsión de tres semanas alónguese polo momento a cinco meses.

En días pasados varios Concelleiros de ACiP visitamos as obras ante as denuncias recibidas dos veciños e puidemos comprobar que dita situación é un grave perigo para vehículos e peóns, por iso esperamos unha inmediata resposta ante tal situación.

En dita visita tras revisar o proxecto detectamos que non se executaron preto de 150 metros lineais de tubaxe de saneamento debido a que o Concello marcou a realización da obra por onde xa existía un saneamento de 70 metros lateralmente á igrexa Parroquial de Angoares, e outros tantos no Barrio de Picón (ese é o coñecemento que ten o Concello da rede de saneamento), polo que solicitamos á Concellería de Obras que dita partida sen realizar continúese no barrio de Picón cara ás vivendas continuas, así se resolvería a falta de saneamento de mais de 10 vivendas.

Esperamos déase resposta aos veciños demandantes dun servizo prioritario e conclúan as obras iniciadas.