Acip demanda ao goberno local a convocatoria de axudas para libros e material escolar

Acip Ponteareas

Ponteareas | Desde o grupo Municipal ACiP a través do Concelleiro Manuel Gregores demanda ao goberno Municipal a convocatoria das axudas para a adquisición de libros e material escolar para o próximo curso.

Cabe lembrar que esta proposta foi aprobada nunha moción presentada por ACiP no ano 2015 e que obrigou á convocatoria o pasado ano de axudas para a compra de libros e material escolar neste Concello cunha contía de 20.000 euros na súa totalidade.

Dita demanda está realizada a que o pasado ano o goberno realizado a convocatoria tarde e non se pagaron as axudas ata finais de decembro algo inasumible e irresponsable pois as axudas van para familias con problemas en adquirir os libros e material escolar para os seus fillos.

Cando todos os Concellos xa han aprobada a convocatoria de axudas a data de hoxe este Concello é sempre o ultimo sabendo dos erros cometidos o pasado ano.

Desde ACiP solicitamos quela convocatoria para este ano se en todos os apartados Infantil, primaria, Eso, Bacharel e Ciclos Formativos para así chegar a todos os alumnos do Concello.

A bases de convocatoria deste ano demandamos a corrección de defectos das do pasado ano as cales moitos pais quedáronse fóra da axudas por cometer erros inviables nunhas axudade para libros e material escolar e que provoco que dos 20.000 euros de convocatoria só gastásense 17.000 cando sempre é ao revés non chega a cantidade económica pare a cantidade de solicitudes.

A máis nas bases esixían o pago da factura de compra dos libros ou material na solicitude cando o normal é que se acepten un orzamento e a posterior da concesión coa xustificación factura pertinente.

Isto proba que familias con dificultades económicas non puidesen acceder a estas axudas cando as mesmas van encamiñadas a asas situación o que provoco situacións que non tiñan que pasar.

Esperamos que dita bases deste ano corrixan estas irregularidades e dunha vez por todas convoquemos axudas para que poidan acceder todos os pais en igualdade de condicións.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!