ACiP da a coñecer os cinco primeiros integrantes da súa lista electoral

Cunha cota do 40% de renovación respecto a 2019

Ponteareas/ACiP | Alternativa Ciudadana de Ponteareas, no seu obxectivo de acadar a alcaldía da cidade o vindeiro 28 de maio, ven de presentar o primeiro tramo da súa lista electoral. Avalado polo seu traballo nos últimos anos a fronte da formación, en datas pasadas confirmamos que Juan Carlos González Carrera sería o cabeza de lista, encargado así de ensamblar un equipo de garantías ao redor do seu liderado.

Ao dar a coñecer os primeiros nomes a formación mostra a súa clara ambición de lograr un cambio de rumbo na dirección política da capital do Condado, cun equipo preparado e ilusionado. Deste xeito, no segundo e o terceiro compoñente da lista, ACiP aposta pola continuidade de dous dos seus concelleiros actuais, a enxeñeira agrícola, Raquel Bautista Alfaya e o empresario local Luis Alberto Rodríguez Cerdeira.

Nos primeiros nomes da lista contamos cunha cota do 40% de renovación respecto a 2019. Os seguintes membros da lista veñen respaldados pola súa preparación e con gañas de achegar novas ideas e perspectivas, axudando a conformar unha candidatura forte. Na cuarta e quinta posición irá a xornalista Olalla Arbones Porto e o técnico superior de ensinanzas e animación sociodeportiva, Nicolas Rodríguez Sousa.

Carrera indicou que “esta é a mostra de que ACiP presentase para gañar. Conto co mellor equipo, todos temos claro que Ponteareas ten futuro e estas son as persoas para liderar o cambio”.