ACiP coloca lona publicitaria denunciando as “multas ilegais” do goberno municipal

No Centro de Saúde, informando dunha recadación ilegal de máis de 265.000€

Ponteareas/ACiP | Alternativa Ciudadana de Ponteareas foi o único grupo municipal que denunciou o papel excesivo que estaban realizando os auxiliares da Policía Local, xa que o Concello permitiulle que uniformarse e actuar como axentes, chegando a realizar controis de tráfico e realizar expedientes sancionadores ante locais de hostalaría.

Dado que todos estes feitos se realizaron excedendo as súas facultades legais, ACiP acudiu a xustiza, sendo anuladas sancións polo xulgado. Isto é a mostra de que as denuncias impostas polos auxiliares de policía, durante toda a lexislatura, non se axustan a dereito.

Este abuso policial cifrase en máis de 2.654 multas ilegais, repartidas durante os anos 2017 (63 expedientes); 2018 (627); 2019 (coa cifra máis elevada en 863 multas); 2020 (780) e 2021 (321). A escandalosa cifra do recadando para as arcas municipais alcanza os 265.000€.

A nosa formación decidiu instalar unha lona informativa na contorna do Centro de Saúde de Ponteareas, no que mostramos con datos as contías das ilegalidades realizadas polo goberno que dirixe Cristina Fernández. A decisión da ubicación débese a que este lugar foi o epicentro das sancións ilegais, xa que tras a espantosa reforma executada, eliminaron decenas de estacionamentos, xerando a diario unha enorme dificultade de acceso para as persoas usuarias, que como lle comunicamos reiteradamente o goberno, son persoas que acoden por necesidade non por lecer.

Como indica Juan Carlos G. Carrera, “a intención desta lona é que os veciños vexan de forma visual o que BNG e PSOE son capaces de facer por afán recaudatorio. En vez de ser exemplar, como debería ser unha administración, deulles igual incumprir e saltarse a legalidade vixente, dándolle facultades que non acompañan o cargo os auxiliares de policía”.

Finalmente sinala que “casualmente, despois de que os xulgados nos deron a razón anulando multas, dende o goberno deixaron de contratar auxiliares. Agora resulta que xa non son necesarios”.