• Segue conectado
  • |

Aberto o prazo para inscribirse nas andainas organizadas polo Concello da Guarda

A Guarda | Como cada ano, dende o Concello da Guarda organízanse diversas andainas coas que se busca ofrecer aos veciños e veciñas alternativas de lecer saudable e ao aire libre. A primeira destas andainas terá lugar o sábado 25 de marzo, cun percorrido de 17 quilómetros. A saída realizarase dende o Camiño dos Burros en San Xián (O Rosal) ata chegar á Guarda. Esta andaina é gratuíta e as inscricións poderán realizarse ata o 20 de marzo xa que se emprega un autocar para o traslado dos participantes ata o inicio da ruta.

Este ano volveuse a organizar esta actividade conxuntamente coa localidade portuguesa de Caminha e na que se ofertarán 6 andainas programadas dende a Concellería de Deporte e Patrimonio para este 2017.

Para as dúas andainas organizadas antes do descanso de verán o prazo de inscrición pechará o 19 de abril. A segunda andaina será o sábado día 6 de maio. Trátase dunha ruta entre Allariz e Augas Santas, cunha distancia total de 15 quilómetros; e a terceira realizarase o sábado 3 de xuño, nunha ruta de tamén 15 quilómetros, pola Illa de Arousa.
En agosto, o luns 28, está programada unha andaina á Romaría de Arga de San Joao en Caminha, na que se poderán inscribir ata o 21 do mesmo mes.

A seguinte será en setembro, o sábado día 26, e proponse unha ruta de 22 quilómetros polas Fortalezas do Baixo Miño. A última terá lugar o sábado 7 de outubro, cunha ruta polas Lagoas de Bertiandos e S. Pedro (Ponte de Lima). O prazo de inscrición para estas dúas andainas estará aberto ata o 30 de agosto.

Todos os interesados en realizar as inscricións, consultar calquera dúbida ou obter máis información poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9 a 14 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

Publicado o 3 Mar 2017 en A Guarda.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies