Aberta a votación para elixir ás Mellores Poesías do Ano na Galiza e Portugal

Organizado por aRitmar

Santiago de Compostela | As 10 poesías galegas e as 10 poesías portuguesas que disputarán o premio aRitmar a Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano en Portugal xa viron a luz.

Despois de case un mes de deliberación por parte do xurado, as poesías galegas elixidas son: Un coro de Carlos Callón, O acivro e o cristal de Daniel Salgado, (couza) de Inma Doval Porto, Anatomía dun home-peixe de Jorge Rodríguez Durán, REXISTRO CIVIL de Luís Rei Núñez, MAI de Manuel Rivas, A PARELLA de lavancos… de Marta Dacosta Alonso, ASULAGADAS de Suso Díaz, Medrei na arela desa pantasma de Teresa Ríos Noya e Anorak de pel de caribú de Lúa Mosquetera.

Por outra banda, as poesías portuguesas elixidas son: A mesa de Ana Luísa Amaral, E se de Cecília Barreira, O poeta escreve de Diogo Costa Leal, O conhecimento da flor de José Tolentino de Mendonça, Aos versos quero-os claros como auroras de Lídia Borges, Feira da ladra de Margarida Vale de Gato, Errei, como toda a gente de Pedro Eiras, Comprar um móvel com muitas gavetas de Raquel Serejo Martins, A cada degrau de Sérgio Godinho e E se eu fosse eu? de Wilma Vieira.

As votacións ficarán abertas desde este martes ata o próximo 16 de maio. O público xa pode votar polas mellores poesías do 2021 na Galiza e en Portugal desde a páxina web de aRitmar. O proceso comezou este martes ás 16.00 horas e ficará aberto ata o próximo 16 de maio.