A Xunta inviste preto de 200 mil euros no parque empresarial de Cea

Para mellora das infraestruturas e seguridade

San Cristovo de Cea | A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación destinou preto de 115.000 euros para a mellora da infraestrutura viaria do parque empresarial de San Cristovo de Cea e 78.511 euros para a captación de auga do depósito contra incendios.

Por outra parte, destínanse 1,5 millóns de euros a impulsar actuacións para a construción, reforma ou equipamento interior de naves industriais para crear un viveiro industrial de empresas.

Os apoios están dirixidos aos concellos, que deben ser titulares das naves. A axuda máxima será de 240.000 euros por solicitude. O prazo para pedir as axudas remata o 28 de febreiro.

A provincia de Ourense contou con proxectos en 11 parques empresarias, pertencentes a 10 concellos, que se apoiarán en un investimento subvencionable de máis de 1,1 millóns de euros, dos que 912.222 euros serán aportados pola Xunta.