
Ourense | O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiron hoxe á presentación institucional do destino intelixente ‘Ourense Cerca deTI’, un proxecto que avanza na modernización e dixitalización do destino turístico, impulsado pola Deputación Provincial de Ourense.

A iniciativa aposta por un modelo intelixente, innovador, conectado e competitivo, baseado nas novas tecnoloxías para coñecer mellor os fluxos e preferencias dos visitantes, optimizar a xestión dos recursos e ofrecer experiencias máis personalizadas.




