A V edición da carreira “6h Vila do Corpus” de Ponteareas será a máis solidaria

Recadará fondos en beneficio da Asociación Síndrome de Down Vigo

Ponteareas | A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto á alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial, Nava Castro, presentaron este venres a V edición da carreira “6h Vila do Corpus”, a cita co deporte e a inclusión que se celebrará o próximo 13 de xullo.

Durante o acto celebrado na Praza Maior de Vigo, a representante provincial destacou o carácter solidario dos galegos e chamou a bater un novo récord na recadación de fondos en beneficio da Asociación Síndrome de Down Vigo.

A quinta edición desta carreira nocturna desenvolverase en Ponteareas entre as 20:00 e as 02:00 horas, nun circuíto urbano dun quilómetro con perfil plano no que as persoas participantes deberán dar o maior número de voltas posible. Individualmente ou por equipos dende tres a seis membros e nas categorías masculina, feminina e mixta, as persoas que se inscriban contribuirán a recadar fondos para a Asociación Síndrome de Down Vigo, que traballa para mellorar a calidade de vida tanto das persoas con Síndrome de Down e Discapacidade Intelectual, como das súas familias.

Festival de DJs en “Bailotea”
O Concello vén de presentar o festival de DJ, Baiolotea, que se celebrará o próximo 16 de maio, e que terá lugar no aparcadoiro de Sarmiento Rivera a partir das 19:00 horas. Neste evento, actuarán artistas recoñecidos como Alex Martini, Army Montana, Groove Amigos, Pitty, Manu Pérez, Dj Crazy e Eli DJ. A entrada é de balde.

Deste xeito, o próximo xoves 16 a vila encherase de música eléctrónica grazas a evento que busca responder ás peticións de ocio dos mozos e das mozas da vila. O obxectivo é ofrecer un amplo abano de actividades dentro da programación da administración local e achegarse a un maior número de público.

O festival terá unha duración de 8 horas nas que un total de sete DJ farán desfrutar e bailar as persoas que se acheguen a esta iniciativa que puxo en marcha a administración local.

No acto de presentación do evento, participou a alcaldesa, Nava Castro, quen indicou que “bailotea é máis que un festival de música, é un espazo vibrante e cheo de ritmo que busca conectar coa nosa comunidade mediante a música, e achegar opcións de ocio para todos os públicos e de diferentes gustos”.

O tenente da alcaldesa, Juan Carlos González, quen apuntou que “contamos cos mellores artistas posibles para facer unha festa á altura de todas e todos nós, facéndoo un festival de renome na contorna” e o deputado Jorge Cubela, quen sinalou que “este evento dará un pulo á economía da comarca e será un atractivo turístico para as persoas que nos visiten”.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.