A sociedade Albor de Ourense celebra a semana cultural

O pintor Leonardo Pereira abre exposición de Tramas e Patróns

Ourense | A Sociedade cultural e deportiva Albor, do barrio do Couto, iniciou a semana cultural coa inauguración da exposición de cadros de José Leonardo Pereira que estará exposta en e l salón de actos durante sete días.

“Tramas e Patróns” constitúe unha mostra do desenvolvemento estilístico da miña obra figurativa en torno ao segundo aspecto. Os temas clásicos (paisaxes, naturezas mortas…), son tratados segundo unha aprehensión directa co obxecto, de cuxa forma derivan direccións visuais, propias da xeometría inherente do tema tratado. Este tratamento realízase en base a manchas, pinceladas separadas de diversas cores, maioritariamente cores puras, as cales se traspoñen no espazo”, explica o artista.

As acuarelas de José Leonardo Pereira son fieis á tendencia que tende á abstracción, mantendo o tema só como suxestión, e trátanse maioritariamente de paisaxes. Os Óleos en cambio, son un exemplo da segunda tendencia, isto é, a relativa ao estilo postimpresionista, e trátanse maioritariamente de naturezas mortas.

A semana
Alfonso Vázquez Monxardin, catedrático de Lingua e Literatura, historiador e investigador, pronunciará unha conferencia de apertura da semana o día 27 ás oito da tarde. A sesión de será amenizada polo grupo de gaitas da sociedade.

O martes día 28 á mesma hora será Xoxé Lois González, autor da viñeta “O Carrabouxo” e medalla Castelao en 2008, quen ofreza unha charla. O día 29 ás sete da tarde haberá o segundo recital poético de Mariña Sánchez, de Canle Cultura, poeta e activista literaria. Tamén actuarán Avelino Jácome, director da revista Nós, a Xente do Redor e María González Méndez, vicepresidenta do Círculo Poético Ourensán.

Participarán os acordionistas Maxi e Óscar, e Antonia Blandes e Fina Rodríguez Cruz ofrecerán un recital. Agustín Lorenzo Fidalgo presentará os seus libros e actuará a Coral Albor e as Pandereteiras que interpretarán A Rianxeira.

O día 30 ás oito da tarde a Escola Bieito Blanco ofrecerá un concerto de acordeóns e ao día seguinte, á mesma hora, actuarán o grupo musical Cocoliches. Haberá degustación de petisco e se cerrará a semana cultural. Durante os sete días celebraranse torneos de cartas.

Nas fotos, o autor dos cuadros diante da súa obra e membros da directiva Albor co pintor.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.