A SD Juvenil volve á división Preferente

O equipo ponteareán venceu a domicilio ao Monterroso para certificar o ascenso de categoría

Ponteareas | A Sociedade Deportiva Juvenil de Ponteareas logrou o seu ascenso á categoría Preferente Futgal tras derrotar como visitante 2-4 ao Monterroso con tres goles de Candi e un de Samu no partido do Play-Off decisivo para o ascenso. O equipo dirixido por David V. Sobral volve así á categoría Preferente, Grupo Sur da provincia de Pontevedra.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.