A revista “Nós, xente do Redor” presentou unha nova edición en Codeseda (Lalín)

Publicación sobre temas históricos e de actualidade galega

Lalín | O número 4 da revista “Nós, xente do redor” presentouse no museo etnográfico Casa do Patrón, en Codeseda (Lalín). No acto interviron Avelino Jácome Iglesias, director da publicación; Miguel Angel Martínez Coello, editor, autor e colaborador da mesma e Manuel Blanco Villar, xerente da Casa do Patrón tamén autor de artigos desta obra.

Asistiron a práctica totalidade dos autores, que se achega ás 40 persoas e colaboradores habituais (poetas, escritores, pintores, músicos…) espallados por toda Galicia, arroupados por numeroso público.

Trátase dunha revista multicultural, polifacética e entretida, na que se tratan asuntos moi diversos sobre temas históricos e de actualidade da nosa terra, cunha constante progresión dende o seu nacemento o pasado ano, en plena pandemia, atopándose en plena fase de expansión.

“Trátase dunha revista multicultural, polifacética e entretida, na que se tratan asuntos moi diversos sobre temas históricos e de actualidade da nosa terra”

Foi un un encontro moi variado e participativo, no que se entregaron un exemplar da revista así como unha lámina da súa portada e todos os autores e colaboradores presentes, a totalidade dos cales tiveron a ocasión de aportar públicamente os seus diferentes puntos de vista.

Posteriormente, os presentes degustaron un cocido de Lalín no restaurante Casa do Patrón e xiraron unha visita ao museo e á aldea de Codeseda.