A revista “Chambo Libris” presentou o seu Nº 0

Da man do seu presidente Guillermo Rodríguez

Ponteareas | Coincidindo coas actividades propias do Mes do libro, a Asociación Solidaria “Chambo Libris” presentou este 22 de abril o seu primeiro Nº 0 da súa Revista “Chambo Libris”, nun acto realizado no seu local na rúa Alfonso Vázquez Fraile, 7, baixo.

A presentación correu a cargo do presidente desta Asociación, Guillermo Rodríguez Fernández, quen tamén é director do xornal Foro A Peneira-Novas do Eixo Atlántico. No acto presentáronse igualmente as actividades previstas por esta asociación para os meses de abril e maio, con obradoiros, recitais poéticos e presentación de libros.

A Asociación pretende constituírse nun espazo orientado a compartir ideas e dar novas vidas a libros esquecidos a través do Fogar do Libro Usado con diversas actividades nas que destacan as tertulias, presentación de libros e obradoiros.