A presidenta da Asociación Tourette de Galicia estivo en Ourense

A entidade atende as persoas que conviven con este trastorno neurolóxico

Ourense | O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión coa presidenta da Asociación Tourette de Galicia (ATNSASTG), María Domínguez, para coñecer o traballo de atención que realiza esta entidade a prol das persoas que conviven con este trastorno neurolóxico, que xeralmente comeza na infancia e caracterízase pola presenza de tics motores e vogais involuntarios.

No encontro, no que tamén estiveron presentes outros membros da directiva, Manuel Pardo trasladoulle as felicitacións polo labor que vén desenvolvendo este colectivo a través de iniciativas de sensibilización, divulgación, acompañamento e orientación ás persoas afectadas e ás súas familias; e transmitiulle o apoio da Administración autonómica co fin de seguir construíndo unha Galicia máis inclusiva.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.