A praia de Maceira, no Covelo, obtén a excelencia na calidade das súas augas

Así foi comunicado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia

O Covelo | A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia vén de comunicar ao Concello de Covelo a calidade das augas de baño da praia fluvial de Maceira que, novamente, recibe a calificación de “excelente”.

Un ano máis a praia de Maceira obtén a calificación máis alta e colga o cartel da excelencia na súa contorna.

Ademais, a praia de Maceira volverá estrear tempada estival como “Praia sen fume” co obxectivo de protexer ás persoas dos prexuízos que ten para a saúde o fume do tabaco. Esta medida contribúe tamén na redución do consumo desta substancia .

O goberno de Covelo segue apostando pola promoción de hábitos de vida saudable, o respeto ao medio ambiente e a oferta de espazos públicos de calidade, de acordo cos compromisos adquiridos no Pacto das Alcaldías e en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

A praia de Maceira é un espazo de lecer de máis de catro hectáreas e media. Esta praia é un dos principais atractivos turísticos do concello sendo un dos espazos máis visitados. A praia fluvial, unha ampla zona verde para o descanso, mesas e asadores, aseos públicos, un cámping, restaurante no que gozar da boa gastronomía local, quiosco, área lúdica e deportiva e aluguer de xogos acuáticos son algúns dos servizos que se poden atopar.

O río Tea nace na serra do Suído, no concello de Covelo, e desemboca no Baixo Miño, no concello de Salvaterra de Miño. No seu camiño, pasa polos concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario e Ponteareas.

No concello de Covelo, o río aínda se atopa no seu tramo medio-alto e as augas son cristalinas e ben osixenadas. O río Tea é especial porque é un dos ríos mellor conservados do sur de Galicia en canto ás súas augas, ás súas ribeiras e á súa continuidade.

Como hábitat acuático, sostén unha das comunidades de peixes máis diversas de Galicia,
http://www.concellodecovelo.es/integra/?sec=rio_tea