“A PLISAN está chamada a ser un referente industrial non só na comarca do Condado”

Marta Valcárcel | Alcaldesa de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño | Marta Valcárcel (PPdG) é desde maio de 2019 a primeira muller alcaldesa na historia municipal de Salvaterra de Miño. Licenciada en Ciencias Económicas (UVigo), foi con anterioridade deputada no Parlamento de Galicia e concelleira en Salvaterra desde 2007. Nesta entrevista para Foro A Peneira-Novas do Eixo Atlántico repasa a actualidade do Concello e da súa xestión municipal.

Vostede tomou o relevo dun “todoterreo da política” como era Arturo Grandal. Estalle resultando moi difícil imprimir o seu propio estilo?
Eu sempre fun unha persoa moi fiel ao meu estilo e a miña forma de entender e facer política, pero é verdade que hai moitas veces que nos encontramos moi limitados pola propia burocracia da administración. De todas formas, creo que está nas nosas mans poder ir cambiando pouco a pouco esa situación.

A pandemia foi como un tsunami que arrasou proxectos, ideas, iniciativas previstas. Dende o Concello, cómo conseguiu acometer esta difícil situación?
A COVID 19 fixo que tiveramos que replantearnos moitas cousas, proxectos, actividades, inversións…, pero creo que o primeiro que se tiña que facer, e que fixemos foi por no eixo central das nosas actuacións as persoas.

“A COVID 19 fixo que tiveramos que replantearnos moitas cousas, proxectos, actividades, inversións…,”

Traballamos directamente cos Centros Educativos do Municipio, con Servicios Sociais e un grupo de voluntaria/os atendemos aos nosos maiores e as persoas que peor o estaban pasando, fixemos mascarillas, repartimos lotes de desinfección e mascarillas entre o comercio (cando non había forma de conseguilo), incrementamos a desinfección nos Centros Escolares doblando o persoal… en fin volcamonos en axudar e atender as necesidades que estaban aparecendo, pero sen deixar de lado aqueles proxectos que para nos tamén son esenciais.

Así, en plena crise sanitaria, empezamos coas obras de reforma do Antigo Concello para crear unha nova Biblioteca adaptada e moderna para os nosos estudantes, empezouse coa ampliación da Escola Infantil “Galiña Azul” para aumentar a oferta de plazas ofertadas, empezouse coa segunda fase de reconstrucción da antiga SINDICAL para albergar a Escola de Música de Salvaterra, rematamos as obras da senda peonil que une o Centro Urbano coa parroquia de Oleiros, seguimos invertindo en proxectos de saneamento no rural, rematamos as obras e o equipamento para por en funcionamento, esperamos no mes de setembro un Centro Social de Maiores na parroquia de Leirado no antigo consultorio médico… e outras é necesario pospolas, pero creo que a día de hoxe todos entendemos a dureza da situación que vivimos e que nos queda por vivir

Por fin, a Plisan está en marcha. É de esperar que todos aquelas expectativas de fai unha década teñan feliz término. Dende o Concello, cómo se valora esta nova situación?
Mirando sempre cara o futuro. Para nos é moi importante este primeiro paso, ver que a PLISAN é unha realidade e que empresas tan potentes como pode ser Albo se instalen en Salvaterra porque realmente cren na potencialidade do noso polígono. A PLISAN está chamada a ser un referente industrial non só na comarca, e empeza a dar os seus primeiros pasos dunha forma rotunda e contundente.

“A PLISAN está chamada a ser un referente industrial non só na comarca”

Tamén está o asunto da empacadora e a planta de transferencia de residuos. Cales son as obxeccións que o Concello vai facer a estes proxectos?
A postura deste Concello foi clara dende un primeiro momento posicionandose en contra. De todas formas creo tamén quedou claro que para a nosa zona non se vai desprazar

Salvaterra vai honrar aos que morreron pola democracia. Cómo valora Vde. a creación dese “Espazo da Memoria”?
Creo que é necesario que a nosa historia non se esqueza, e dende o respecto e a dignidade queremos crear un espazo de recordo para tódalas victimas.

E que consiste o Centro de Atención Temperá que se abrirá este verán en Salvaterra, Arbo e Crecente?
Trátase dun proxecto conxunto que busca dar resposta a unha situación que cada día se demanda máis.

O Miño é una fonte de recursos. Agora conta cun novo atractivo: turismo fluvial. Que expectativas lle ve a alcaldesa?
Moitas, creo que Salvaterra e o resto de concellos que forman parte deste proxecto reúnen unha serie de características que fan que este proxecto piloto teña continuidade, e así nolo trasladan tamén as empresas navieras que se están interesando nel. Temos natureza, gastronomía, historia, cultura, as nosas adegas pegadas ao Río Miño… en fin, temos unha gran potencialidade que temos que aproveitar e explotar.

Salvaterra Vila Milenaria. Cómo imaxina os próximos mil anos da vila?
Gustaríame que Salvaterra seguira fiel a sí mesma, que non esquecera as súas raíces e que seguira evolucionando, crecendo, sendo un referente na provincia. Imaxino unha Salvaterra, unha PLISAN forte, con futuro para os seus veciños e veciñas, dándolle a oportunidade de traballar ao carón da súa casa.

“Imaxino unha Salvaterra, unha PLISAN forte, con futuro para os seus veciños e veciñas, dándolle a oportunidade de traballar ao carón da súa casa”

Gustaríame que siga crecendo dunha forma ordeada, onde o eixo principal e polo que todos a coñezan siga sendo por esa calidade de vida que ofrece, pola aposta pola natureza, polo seu entorno, e que se siga sentindo tan orgullosa, como o facemos hoxe en día, da súa historia, das súas raíces.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!