A parroquia porriñesa de Torneiros volve a render culto á Camelia

Coa novena edición da Mostra da Camelia tras dous anos de parón

O Porriño | A IX Mostra da Camelia organizada pola AAVV San Salvador de Torneiros, en colaboración co Concello do Porriño, CM de Torneiros e Deputación de Pontevedra, abriu hoxe as súas portas na sede da asociación de veciños. Tras dous anos de parón imposto pola pandemia, os amantes desta flor poden volver disfrutar desta afamada exposición durante esta fin de semana.

En total son 21 os expositores que participan na mostra cos seus traballos de floricultura e entre eles atópanse os mellores cultivadores da provincia.

A beleza das súas creación porderán disfrutarse na sala exposicións do centro da Asociación San Salvador de Torneiros durante toda a xornada de hoxe e de 11 a 14 h e de 16 a 20 h mañá domingo.

Arredor das 18 h do domingo entregaranse os premios do concurso infantil de debuxos que se inclúe na programación da mostra.